Mestres Gandeiros
Mestres Gandeiros é unha iniciativa orientada á comunidade educativa. Este programa do Plan Proxecta ten por obxectivo transmitir aos mozos e mozas o coñecemento e as boas prácticas agrarias que a poboación rural está levando a cabo como xestora da biodiversidade e da paisaxe, na loita contra os incendios e na adaptación ao cambio climático.
En nove etapas complétase un percorrido que ten como fío condutor a transhumancia que leva cada ano ás vacas da cooperativa A Carqueixa na busca do pasto máis fresco aos cumios dos Ancares.
Os centros escolares que soliciten a súa participación neste Plan Proxecta, poderán ter acceso a todos os materiais e recursos de Mestres Gandeiros.
Dálle ao play!
Os gandeiros e gandeiras como xestoras da biodiversidade e da paisaxe
O papel da poboación local
Quen mellor que a poboación local para comunicar e concienciar ás persoas máis novas dos valores da natureza, da importancia da interacción do ser humano con ela, das boas prácticas e do consumo responsable?
Plan Proxecta
Mestres Gandeiros enmárcase dentro do Plan Proxecta, no contexto da colaboración entre a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional e o Instituto de Estudios do Territorio da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para facilitar a integración de determinados programas educativos nos centros de ensino non universitario.
A transhumancia
Nos case 45 minutos que dura este vídeo, seguiremos a pista das boas prácticas medioambientais que se transmitiron de xeración en xeración e son hoxe máis importantes ca nunca: a silvicultura histórica, a agricultura tradicional e a gandería heroica.
Dálle ao play!